Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2014

CURSOS DE MARKETING TURÍSTICO EN CAMBADOS



O alcalde, Luis Aragunde, recibeu onte os participantes no primeiro dos cursos formativos para axentes turísticos e hostaleiros que se celebran no Parador Nacional do Albariño ata mañán mércores. O rexedor pediulle ós participantes nas xornadas que aproveitaran esta oportunidade de mellorar a súa formación, o cal redundará en beneficio do sector turístico cambadés.
O experto en turismo, David Mora, iniciou estas xornadas formativas falando do marketing online, pondo o énfase na importancia do posicionamento mediante páxinas web en Internet e mais sobre estratexias de comercio a través das redes sociais, sempre co obxectivo de potenciar Cambados como destino diferenciado e de calidade.
O Concello, en colaboración coa Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, oferta estas tres iniciativas de formación pensando na relevancia que ten o turismo na economía do noso municipio, na súa competitividade e na necesidade de traballar de xeito conxunto na procura dos máximos parámetros de calidade.

Os cursos formativos realizanse no Parador Nacional de Turismo en horario de 10.00 a 14.00 horas,  e  acudiron máis de corenta persoas entre axentes de turismo, e representantes do sector da hostalería.
O primeiro curso formativo, hoxe, versou sobre marketing online; o segundo, mañá, será un taller de Community Manager, e o terceiro, o mércores, outro taller deMarketing, neste caso gastronómico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.