Finalmente e tralo xuicio que tivo lugar en xaneiro, a Audiencia de Pontevedra condenou ao veciño de Cambados T.S.A. a dous anos de prisión e a pagar unha indemnización de 1.925 euros, como autor dun delito de lesións por provocarlle queimaduras a un coñecido nunha perna e unha man. O acusado sempre defendeu que a súa intención só era gastarlle unha broma, "queimándolle os pelitos", pero fóiselle das mans.
A condena a T.S.A. como autor dun delito de lesións a dous anos de cárcere e a pagar a indemnización de 1.925 euros pedida polo fiscal, polo tempo de curación das feridas, e rexeita o resarcimiento polo tratamento de cirugía, porque nin se lle preguntou á vítima si tiña intención de facelo, nin se indicou si era convinte que o fixese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.