Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2014

OBRADOIROS "TADEGA" EN SANTIAGO. POLA INCLUSIÓN






TADEGA ofrécenos a posibilidade de asistir a unha serie de obradoiros por toda a xeografía galega que seguro serán de interese para as familias de nenos. Para inscribiros solo debedes ir á páxina desta asociación e cubrir o formulario:
http://tadega.net/arquivos/3792

A data e temática e ponentes do que se celebrará en Santiago e que se celebrará o sábado 15 e a seguinte:

Marzo 2014

  • TemáticaServizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com
  • Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña.                                                                                                                                                           
                                                                                                                         Esta é a segunda cita, a primeira celebrouse en Cambados haberá outras das que iremos dando conta a medida que se acheguen as datas de celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.