Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2014

CONCURSO DE ENTROIDO PARA ANCIÁNS DO SALNÉS







 O Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá este luns o “I Concurso de Entroido Intercentros da Comarca do Salnés”. Organizado polo centro de día de Vilagarcía, contará coa participación dos usuarios e familiares do centro de día de Valga, a residencia Geriatros de Ribadumia, a residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa, o centro de día municipal de Sanxenxo e do propio centro organizador. Os usuarios e familiares do centro de Cambados non se inscribiron a tempo.
Centro de dia de Cambados
No certame, co que os organizadores buscan fomentar a participación na comunidade e as relacións interpersoais dos maiores, tamén estarán presentes como público usuarios e familiares da residencia Divina Pastora de Vilagarcía.
O concurso de entroido intercentros, que reunirá a unhas cen persoas, dará comezo ás 11,00 horas e extenderase ata as 13,00 horas. De cara á súa participación, cada un dos centros de maiores elixiu previamente unha temática.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.