Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2014

UNHA DEPURADORA SOLICITA PERMISO PARA VERTER AUGAS RESIDUAIS Á RIA DE AROUSA





Unha empresa de Cambados solicita  de conformidade co artigo 114 do Real decreto 1471/1989 polo que se aproba o Regulamento xeral de execución da Lei de costas, autorización para o vertido á ría de
Arousa dun caudal máximo de 5.409.300 m3/ano de augas residuais industriais procedentes das súas
instalacións correspondentes a unha depuradora de moluscos asentada no lugar do xxxxx, núm. xx - xxxxxx (t.m. Cambados).

As augas residuais industriais xeradas na empresa, antes do seu vertido á ría de Arousa, son depuradas nunha arqueta cun depósito de sedimentación de sección rectangular de 2 x 2 m e unha profundidade de 1,80 m, o cal dispón dun resalte intermedio de retención de sólidos.
As augas residuais procedentes das piscinas son canalizadas ata o depósito de sedimentación a través dunha condución de 81 m de lonxitude e 500 mm de diámetro. Tras ser depuradas as augas residuais industriáis xeradas na depuradora de moluscos son vertidas á ría de Arousa mediante unha condución de 916 m de lonxitude, 500 mm de diámetro, -2,40 m de cota de saída sobre a BMVE e a 860 m da liña de costa.


As coordenadas uTM do punto de vertido á ría de Arousa son as seguintes: X= 513.107; y= 4.703.836.
As augas residuais fecais son canalizadas a unha fosa séptica estanca e posteriormente xestionadas mediante xestor autorizado.
O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de VINTE (20) DíAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados; nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela; e no Servizo Territorial Sur de Augas de Galicia sito na rúa San Salvador núm. 2 - 4º de Vigo; onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2014.—O xefe da Área de Vertidos, Manuel Morato Miguel.

Publicado no B.O.P. de hoxe 7 de febreiro do 2014.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.