O Parlamento galego acaba de designar o candidato que propón a Cámara para formar parte do Tribunal Constitucional. Trátase de José Luis Costa Pillado. Cambadés, nado en 1954, na actualidade é maxistrado da Sección Cuarta da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Resultou elixido con 41 votos a favor, 33 abstencións e un voto nulo.
Xuíz desde 1988, exerceu en Pontevedra, onde chegou a ser decano dos seus xulgados. Logo foi tamén maxistrado da sala de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da comunidade galega.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.