Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2014

PATOS UNHA EXCEPCIÓN OU A NORMA DAS CONCESIÓNS






A operación "PATOS" dirixida dende un xulgado de Vigo relacionada con concesións públicas en varios concellos galegos.
Hai, polo menos, 5 detidos, un deles concelleiro en Nigrán.



Sin querer acusar a ninguén nin apresurarse a facer valoracións esto xa cheira. Que levante a man quen non ten sospeita de algún caso de corrupción política. Sexa enchufismo, sexa trato de favor, sexa enriquecementos sospeitosos....................... POKEMON, PATOS etc etc..... 
Se tivésemos probas, habería espazo nas cárceres?

Durante a mañá estivéronse a realizar rexistros nos concellos de Vigo, Ourense, Santiago, Ponteareas, Nigrán  na Deputación de Pontevedra e na delegación da Xunta en Vigo entre outros.
Búscase información sobre concesións dadas á empresa Cespa.
De feito, a esta hora estase a rexistrar a sede da firma no polígono industrial de Santiago.
Neste concello, onde pola mañá levaron diversa documentación, a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, aseguraba que pediron informes de dúas obras. 
No concello pontevedrés de Ponteareas, a documentación solicitada polos axentes da policía xudicial estaba relacionada con concesións á empresa Aquagest.


A operación, ordenada polo Xulgado de Instrución número sete de Vigo, continúa aberta.

A Policía Nacional non desbota máis arrestos no marco da chamada operación Patos, relacionada con diversas concesións públicas en distintas localidades galegas. Polo momento hai cinco detidos, entre eles un edil de Nigrán.
Os rexistros son de carácter domiciliario e en locais vinculados con actividades empresariais, non só en Cespa SA e Eiriña SL, senón tamén en Enalvi e Intermediación Medioambiental SL, Inversiones Patos SL e Reciclaxe e Xestión Medioambiental SL. Tamén se actuou en distintos organismos oficiais, como na Delegación da Xunta en Vigo, na Deputación de Pontevedra e nos concellos de Pontevedra, Vigo, Santiago, Ourense, Nigrán e Ponteareas; tamén no Consorcio Casco Vello de Vigo e na Autoridade Portuaria.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.