Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de febrero de 2014

PASAN A DISPOSICIÓN XUDICIAL OS PRESUNTOS ASASINOS DE SECUNDINO PREGO






Os tres detidos en relación coa morte a golpes dun home para cobrar a súa herdanza no municipio pontevedrés de Poio comezaron hoxe a pasar a disposición xudicial.
O Xulgado de Instrución número dous de Pontevedra levantou o segredo das actuacións. Será un xurado popular o que se encargue do procedemento.


Recordemos que nun primeiro momento pensouse nun roubo con violencia, pero o intento de fuxida do país dunha das arrestadas e que unha delas fose declarada herdeira universal do octoxenario, unha semana antes do asasinato, levantou as sospeitas da Garda Civil.

Hai uns dias foron detidas as tres persoas, dúas mulleres e un home, como presuntos autores do crime de Poio. Os feitos ocorreron hai unha semana cando o cambadés residente en Poio, Secundino Prego de 84 anos apareceu morto de xeito violento no seu domicilio. As presuntas autoras, de entre 30 e 50 anos, atopábanse na vivenda no momento do crime e foron as que chamaron ao 112. A investigación mudou nas últimas horas cando unha das sospeitosas intentou fuxir do país. Ademais, unha das detidas pasou a ser a herdeira universal do falecido unha semana antes do crime.Os detidos atópabanse na Comandancia da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.


AMPLIACIÓN

Esta mesma tarde ingresaron en prisión R. G. e A. T., as dúas mulleres sinaladas como supostas responsables da morte do veciño de Chancelas.
Secundino Prego falecía na súa vivenda a madrugada do día 3 de febreiro tras recibir golpes cun bastón e unha pedra. Segundo a investigación, o móbil do crime sería facerse coa herdanza do falecido, que unha semana antes da súa morte nomeara a súa coidadora, herdeira universal. As dúas mulleres pasaron a disposición xudicial ó redor das 12.30 do mediodía, pero esta tarde negáronse a declarar ante o xuíz titular do xulgado número 2 de Pontevedra, Xermán Varela.
Quen si respondeu ás preguntas foi o terceiro detido polo crime de Chancelas, que mantiña unha relación con herdeira. Despois de prestar declaración durante máis de dúas horas e media ante o maxistrado, Graña quedou en liberdade provisional. A decisión débese a que aínda non está clara a súa implicación na morte de Secundino. Segundo a investigación, podería ser só colaborador. Así as cousas, Graña terá que comparecer no xulgado cada semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.