Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de febrero de 2014

O MAR E O CAMPO SAUDAN A TREGUA CLIMATOLÓXICA






A maior parte da frota galega puido onte, por fin traballar con normalidade despois dos continuos temporais, e protestas que a tiveron amarrada aos portos. 
Nas nosas lonxas poxouse o peixe que entrou en cantidade ademáis de ser variado en especies. 
No porto de Cambados os barcos máis pequenos sairon faenar coas súas artes menores, as de baixura, e regresaron a terra cun número de capturas moi superior ao do último mes. 
Os trasmallos e os miños resultaron moi efectivos sen temporal nin mar de fondo e ademáis de cantidade os pescadores trouxeron variedade de peixe.
As lonxas eran onte pola  tarde un pequeno bodegón de riqueza: pescada, raia, chocos, polbo, fanecas, unha estampa que mañá se repetirá nas prazas para a ledicia das peixeiras e clientes
Logo de tantas alertas no mar os mariñeiros miran prás súas rías con desconfianza e agardando simplemente normalidade, a normalidade de poder sair faenar a diario.


 No campo, atrasáronse algunhas colleitas, como a do grelo, pero os seus cultivadores esperan chegar con produto de calidade ao Entroido.
 A mellora do tempo tamén lle está a dar un respiro ao traballo no campo, onde se aproveita para realizar labores pendentes, como recoller os cultivos de temporada ou reparar os danos da chuvia e o vento.

A abundante chuvia das borrascas que pasaron provocou o atraso dunha das colleitas máis esperadas: a do grelo. Agora, coas xeadas dos últimos días, seica a produción comeza a recuperarse. Iso si, a un prezo máis alto do esperado: entre 1,60 e 2 euros o quilo do de mellor calidade. En calquera caso, os produtores garanten grelos de calidade para o Entroido.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.