Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2014

NOMINADOS MAGNUM 2014 ADEGAS E SUMILLERS CAMBADESES NOMINADOS AOS PREMIOS MAGNUM





Nominados Mágnum 2014

O xurado dos Premios Mágnum do Viño Galego ven de decidir os nominados aos Mágnum 2014 que se entregarán na gala que terá lugar o próximo día 18 de marzo, ás 18 horas, na Cidade da Cultura de Galicia.
Como novidade, nesta edición serán os afeizoados ao viño e a gastronomía os que decidirán, cos seus votos, o gañador do Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego. Entre os participantes na votación sortearase unha estancia para 2 persoas en réxime de pensión completa no fantástico Hotel Balneario Oca Augasantas, no corazón da Riberira Sacra.



Si queres votar por algún candidato PICA AQUÍ
Os nominados son os seguintes (en negrita os cambadeses):
1)     Mágnum ao Mellor Viño Galego:
  • Goliardo Caiño Finca Genoveva 2011 – Forjas del Salnés
  • Zárate Tras da Viña 2009 – Bodegas Zárate
  • As Sortes 2011 – Rafael Palacios
  • Issué 2010 – Bernardo Estévez
2)     Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego:
  • A Coroa 200 Cestos 2012 – Adega A Coroa
  • Super héroe 2010 – Viños de Encostas
  • Finca O Pereiro 2012 – Bodegas Albamar
  • Sábrego 2010 – Quinta da Muradella
3)     Mágnum á Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
  • Algueira
  • Zárate
  • Coto de Gomariz
  • Dominio do Bibei
4)     Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:
  • De Vinos – La Voz de Galicia
  • Fórum Gastronómico
  • Enofílicos.com
  • MileurismoGourmet.com
5)     Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego:
  • Eva Pizarro (Restaurante Acio)
  • José Luis Aragunde (Viñoteca Ribeira de Fefiñáns)
  • Juan Ayerbe (ElSumiller.es)
  • Esther Daporta (Restaurante Yayo Daporta)
6)     Mágnum Honorífico “Viñolvidable” a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego:
  • Gerardo Méndez.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.