Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de febrero de 2014

ESTOPA EN BURGÁNS



Na semana do amor .............. Non foi un concerto o visto onte en Burgáns. Nin un partido de fútbol. Máis ben un combate de boxeo dado o uso que fixeron os visitantes das extremidades superiores. Ao final combate igualado.

Polo Cambados xogaron:
Vivar, Iván, Agra, Borja, Kike, Fontán, Marwán, Rulo, 


Rubén, Cascallar e Canosa. Na segunda parte 

entraron Pablo Barreiro, Adrián e Gabo

Polo Moaña:
Nacho, Pitu, Rouco, Rubi, Yipé, Sera, Jaco, Suso, 


Darío, Faji y Rubén . Berto, Aarón e Gallo entraron 

na segunda parte.

Árbitro: Gonzalo Carballo, e nas bandas Diego 


Fontenla y Tomás Ai. Tarxetas a os locais Kike y Cascallar e a os visitantes 

Sera, Pitu, Aarón y Rouco.

O Cambados resisteu onte  o asedio ao que lle someteu o Moaña durante gran parte do encontro. Non houbo ocasións claras durante todo o encontro, pero os moañeses encerraron ao equipo local na primeira parte. Unha primeira parte chea de brusquedades sobre todo por parte dos do Morrazo coa permisividade do árbitro. Rematada a primeira metade algún xogador do Moaña debería ter visto a tarxeta vermella, pero sexa pola falla de criterio do colexiado ou por a experiencia dos xogadores visitantes os cobadazos e patadas quedaron en nada. Unha pelexa na que entraron os locais pero sen a forza dos contrarios. Na segunda metade, o Cambados intentou quitarse o dominio rival, pero con escaso éxito, caendo ao lado visitante a ocasión máis clara, que ao igual que nunha da primeira parte volveu atoparse co meta amarelo. Un punto de ouro para os cambadeses debido á situación na que se atopan. Os locais reclamaron un penalti non sinalado sobre Pablo Barreiro no minuto 73. 

Os cambadeses sitúanse na 12ª praza con 27 puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.