Na semana do amor ..............Non foi un concerto o visto onte en Burgáns. Nin un partido de fútbol. Máis ben un combate de boxeo dado o uso que fixeron os visitantes das extremidades superiores. Ao final combate igualado.
Rubén, Cascallar e Canosa. Na segunda parte entraron Pablo Barreiro, Adrián e Gabo Polo Moaña: Nacho, Pitu, Rouco, Rubi, Yipé, Sera, Jaco, Suso, Darío, Faji y Rubén . Berto, Aarón e Gallo entraron na segunda parte. Árbitro: Gonzalo Carballo, e nas bandas Diego Fontenla y Tomás Ai. Tarxetas a os locais Kike y Cascallar e a os visitantes Sera, Pitu, Aarón y Rouco. O Cambados resisteu onte o asedio ao que lle someteu o Moaña durante gran parte do encontro. Non houbo ocasións claras durante todo o encontro, pero os moañeses encerraron ao equipo local na primeira parte. Unha primeira parte chea de brusquedades sobre todo por parte dos do Morrazo coa permisividade do árbitro. Rematada a primeira metade algún xogador do Moaña debería ter visto a tarxeta vermella, pero sexa pola falla de criterio do colexiado ou por a experiencia dos xogadores visitantes os cobadazos e patadas quedaron en nada. Unha pelexa na que entraron os locais pero sen a forza dos contrarios. Na segunda metade, o Cambados intentou quitarse o dominio rival, pero con escaso éxito, caendo ao lado visitante a ocasión máis clara, que ao igual que nunha da primeira parte volveu atoparse co meta amarelo. Un punto de ouro para os cambadeses debido á situación na que se atopan. Os locais reclamaron un penalti non sinalado sobre Pablo Barreiro no minuto 73. Os cambadeses sitúanse na 12ª praza con 27 puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.