Un primeiro premio de 6.000 euros e dous accésits é a dotación prevista para o certame de escultura que se vai celebrar en Cambados a vindeira primavera, dentro da programación de actos con motivo do 125 aniversario do nacemento do escultor Francisco Asorey. O certame, vaise convocar próximamente, será destinado a xóvenes artistas galegosou que residan en Galicia. Este foi un dos acordos que adoptou onte na comisión organizadora desta conmemoración, reunida na sala de xuntas do edificio da oficina de turismo do Concello cambadés.
A reunión asistiron a presidenta da asociación cultural Asorey, Maria del Carmen Asorey, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o presidente de honor da comisión, José Manuel Asorey, o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, o secretario da asociación cultural Asorey, Vicente Pérez, e o escultor cambadés Manolo Paz.
A asociación vinculada á familia Asorey segue realizando as xestións pertinentes, tanto en España como en América, para intentar traer diversas obras relevantes do “escultor da raza”, as cales enriquecerían a magna exposición que o próximo verán vai ter lugar en Cambados. A mesma entidade ten localizadas algunhas tallas que son inéditas para o gran público e están sendo catalogadas para incluilas –con permiso dos seus propietarios- en dita mostra.
Recordemos a "aparición" recente de unha das obras máis destacadas do escultor. "A Naiciña" estaba como sospeitaban estudosos da obra de Asorey, "tirada" nun lugar da Arxentina, onde se sabe que están máis obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.