Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de enero de 2014

ROSA QUINTANA AVALA O PRODUCTO GALEGO






Tralas informacións aparecidas dias atrás a Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que os produtos do mar que chegan ao consumidor en Galicia polas vías legalmente establecidas contan con todas as garantías hixiénico-sanitarias para o seu consumo.
Diante de informacións sobre a elevada presenza de metais pesados nas augas da nosa Comunidade Autónoma, a Xunta lembra que Galicia conta cun organismo público especializado, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), que ten precisamente como principal obxectivo facer o seguimento, o control e a investigación da calidade ambiental das augas costeiras de Galicia. Especialmente no que se refire ás condicións oceanográficas, fitoplacto, biotoxinas mariñas, contaminación química -metais pesados, compostos organoclorados e hidrocarburos- microbioloxía e patoloxía.
En relación cos metais pesados, o Intecmar conta xa dende a década dos 90 cunha unidade específica para o seu control e seguimento que realiza unhas 1.200 análises ao ano. As mostraxes realízanse con carácter anual ou semestral e a determinación analítica faise por técnicas oficiais na UE empregando métodos de referencia e ensaios acreditados. Os elementos sometidos a control son prata, arsénico, cadmio, cromo, cobre, mercurio, níquel, chumbo e zinc.

A Consellería do Medio Rural e do Mar quere enviar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía en relación co consumo de produtos do mar, lembrando que toda extracción de moluscos en Galicia vai precedida dun informe favorable do Intecmar e, xa que logo, os que chegan á cadea alimentaria contan con todas as garantías hixiénico-sanitarias para o seu consumo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.