Sae en varios medios no dia de hoxe que o Concello de Cambados vai presentar en Fitur o espectáculo "Música con D.O."
A esto hai que facer unhas puntualizacións que a maioría dos medios tanto dixitais coma escritos non sinalan e que nos pensamos que son boas para saber de quen son os méritos de esto, si os houbera, para que as medallas colguen dos pescozos de quenes as merecen.
1ª/ os fondos non saen do Concello de Cambados senón do Ministerio de Cultura. Para elo reproducimos abaixo a nova publicada na web do Concello.
O ministerio de Cultura aprobou un ambicioso proxecto cultural deseñado e coordinado polo Concello de Cambados, ao que se sumaron inicialmente Peñafiel, capital da denominación Ribera del Duero, e Haro, en representación da DO La Rioja mediante o cal organizaranse concertos musicais de primeiro nivel, ademais de ciclos de cine, exhibicións gastronómicas e todo tipo de actividades infantís durante o verán de 2014.
2ª/Esta é unha suposición nosa, a viaxe, xa que este ano a Mancomunidade rexeitou participar en Fitur, será pagada cos cartos dos cambadeses. Entrarán dentro desa partida os gastos da viaxe?
3ª/ Con 87000 euros a repartir entre as duas cidades alguén pode creer que os artistas serán de relumbrón? Ou fará coma sempre e pedirán que os grupos de Cambados e arredores toquen gratis, coma queren sempre, e aforrarse cartos para pagar a outros.
En definitiva........ que bonito é presumir cos cartos de outros!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.