Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2014

ENTREGAR TARDE AS ACTAS FAN DIFICIL A SUA CORRECCIÓN A TEMPO





Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego en Cambados, ven de presentar un escrito no Concello de Cambados pedindo aclaracións a unha acta dun pleno sobre unha subvención do ano 2013.

  Na acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 23 de setembro do 2013 (por certo, acta entregada con abusivo retraso o 18 de decembro, como tradicionalmente ben sendo mala costume do alcalde de Cambados) aparece un escrito da Consellería de Traballo e Benestar comunicando a resolución pola que se concedeu unha subvención por importe de 20.000 € para o ano 2013, con destino á realización de actividades (textualmente) de información, orientación e prospección de emprego. Como o ano 2013 xa está rematado e dita subvención debeu ser utilizada en diferentes actuacións, é polo que

SOLICITA: que ao grupo municipal do BNG se lle facilite información pormenoriza e concreta do destino no que foi utilizado o importe de dita subvención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.