A Deputación de Pontevedra aprobou, na Xunta de Goberno desta mañá,
investimentos, por un importe de 13 millóns de euros, en estradas
provinciais, cooperación cos concellos.
Tal e
como subliñou o presidente da Administración provincial na rolda de
prensa posterior á Xunta de Goberno, o obxectivo é acelerar ó máximo os
investimentos para "xerar actividade económica e emprego".
Entre
as actuacións aprobadas está a adxudicación de diversas obras, coma o
ancheamento e a mellora da estrada Ponte do Val-Barciademera, no
concello de Mondariz, que foi adxudicada a Excavaciones y Construcciones
Pérez Portela, por un importe de 475.789,11 euros; a mellora do trazado
e da seguridade viaria na estrada Callobre-Balboa, na Estrada, por 1,4
millóns de euros, adxudicada a COVSA; e a execución dos traballos de
mellora da seguridade viaria na estrada EP-9509 Muíños Novos-Tabueiros
(Ribadumia-Cambados), adxudicada tamén a COVSA por 380.798,53 euros.
A estas actuacións hai que engadir a adxudicación, a Construcciones
Taboada y Ramos, das obras de mellora da capa de rodaxe e da
sinalización horizontal de 14 estradas provinciais da zona norte da
provincia. Estes traballos afectarán a vías nos concellos de Cambados,
Sanxenxo, Meaño, O Grove, Meis, Vilanova de Arousa, Pontevedra, Caldas,
Moraña, Cotobade, Lalín e Rodeiro, e contarán cun orzamento de 573.661
euros.
Así mesmo, aprobouse a contratación, por procedemento
aberto, das obras de urbanización da EP-9406, que dá acceso ó mosteiro
da Armenteira, por 518.000 euros.
Rafael Louzán indicou que se
trata de obras por un importe superior ós 3,3 millóns de euros, e que as
que xa foron adxudicadas comezarán a executarse nun período duns 15
días, polo que "van permitir xerar emprego e actividade económica nesas
zonas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.