Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2013

OS MILLÓNS DE "LA VOZ" DA XUNTA







Santiago Vilas para GD
CIG-Autonómica acaba de denunciar o diñeiro, en forma de subvencións e convenios, que a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Medios, lle dá aos grandes medios de comunicación de Galicia. "Outorga máis de 1,5 millóns en aguinaldos para comprar o favor dos medios galegos", asegura este sindicado sobre a última axuda do Goberno de Feijóo.

Unha situación da que que se beneficia, principalmente, e segundo esta central sindical, La Voz de Galicia. Este grupo de comunicación leva máis dun terzo do total da partida orzamentaria da subvención do segundo semestre aos medios (583.974,81€). Tamén leva case un terzo do orzamentado para os convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios (149.392,80€). "En total, durante o tempo que leva Feijóo no Goberno estimamos que esta empresa leva recibido da Xunta máis de 45 millóns de euros entre diferentes conceptos (subvencións, convenios e contratos)", indica.

Fonte: Galicia Confidencial e C.IG. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.