NOTA DE PRENSA DO B.N.G.
Ademais, outra novidade da que ninguén falara, ata o de agora, é a da presenza dunha empresa para “xestionar a comporta”; que significa isto?, en que consiste a chamada xestión da comporta? Que a comporta vai a ser un negocio?, para quen? Porque as empresas so se meten en negocios cando hai un beneficio económico; como é lóxico. De onde sacará esta empresa o beneficio para que a xestión da comporta resulte economicamente rendible? Pois, seguramente de onde sempre, dos nosos impostos. Ata o de agora non sabíamos que as comportas do Saco, a parte de acabar cun banco marisqueiro, tamén nos ía custar cartos; non está mal sabelo.
O PP tampouco di que vai a pasar cando se pechen o resto das entradas de auga no Saco e nas zonas máis alonxadas da única canle de auga (a canle das comportas), comece a acumularse a lama. Esta é outra cuestión da que non quixo falar ninguén ata o de agora, e que xa afectou ao Saco antes de abrir a última gran canle de auga para a axeitada renovación do mar neste lugar. Pero para o PP, isto é o de menos porque se algo non tivo en conta esta obra é a recuperación do banco marisqueiro. Porque como diciamos, os postos de traballo do marisqueo non son prioritarios para o PP; hai cousas máis importantes.
Outra cuestión que non remata de aclarar o PP é se a comporta comezará a funcionar cando remate o saneamento (algo que co PP é moi relativo) ou realmente cando o banco marisqueiro do Saco sexa cualificado, de novo, como zona B (é dicir, obxectivamente saneado). Porque o PP fala de saneamento con moita facilidade e xa tivemos ao Conselleiro de Medio Ambiente, na anterior lexislatura e nesta, prometendo (pero non cumprindo) grandes investimentos en saneamento en Cambados e na Ría de Arousa, pero a realidade o contradí e demostra que non hai vontade política para cumprir o prometido, que iría en interese de todos/as, pero si teñen vontade para construír as comportas, que só van en interese do PP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.