Regulador desenvolveranse en horario de sábado tarde e domingo pola mañá co obxectivo de ampliar as posibilidades do público para poder participar nesta novedosa iniciativa que incluirá unha cata comentada destes destilados e un showcooking a cargo dos prestixiosos restauradores do Grupo Nove Yayo Daporta (sábado) e Antonio Botada (domingo) que empregarán en distintas elaboracións os cinco produtos amparados por este Consello Regulador, así como outros produtos con denominación de orixe como a DOP Queixo Tetilla e IXP Mel de GaliciaTetilla e IXP Mel de Galicia.
O showcooking combinarase, ademais, coa elaboración de varios cócteles con base nos destilados galegos amparados e que estará a cargo do coctelero Anxo Camiña. Así mesmo, e durante todo o tempo en que se estean desenvolvendo estas actividades, o Salón José Pena tamén acollerá un Túnel dás Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, na que se expoñerán e poderanse degustar os destilados amparados das empresas asociadas ao Consello Regulador da comarca.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.