O BNG considera que iso non quita
que se hai un problema no seu concello, o alcalde, debe ser o primeiro en
tentar solucionalo, pero axustándose en
todo momento á Lei, o que resulta posible de facer. E non estaría mal, cando se
incumpre esa lei a sabendas, como é o caso, que se pida desculpas por recorrer
a unha vía ilegal e que non se volva a repetir. Se os representantes públicos
non damos exemplo, non somos dignos de ocupar ese posto e Luís Aragunde está a demostrar, con
actuacións como esta, pouca dignidade e moita prepotencia.
O BNG seguirá facendo a súa labor de
fiscalización do goberno municipal do PP de Cambados, aínda que a este grupo
político non lle guste. Somos conscientes de que o PP preferiría non ter un
grupo político como o BNG, que denuncie as continuas irregularidades na xestión
que están a facer no concello de Cambados. De non ser así, estamos seguros de
que o PP incumpriría, aínda máis a miúdo, as leis que temos que cumprir os
demais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.