A biografía de Rafael Louzán "Rabiso" na web da Deputación deixa moito que desexar. Os estudos feitos por "Rafaelito" non se poñen non vaia a ser que non sexan os que deberían ser para a xente da dereita rancia.
En fin moi escueta e nada persoal, moi política.Rafael Louzán Abal nace o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra). Funcionario do Concello de Ribadumia, compaxinou este labor coa súa actividade empresarial. En 1995 entra a formar parte da candidatura do Partido Popular ás eleccións municipais e, tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de alcalde do Concello de Ribadumia.Todo isto a sombra de Nené Barral o seu padriño político e contrabandista condenado.
En 1998 desígnano secretario de Organización do PP Provincial en Pontevedra e dous anos máis tarde, en 2000, gaña o XII Congreso Provincial do PP de Pontevedra, accedendo así á presidencia do partido. Entra a formar parte do Comité Executivo do PPdeG e da directiva nacional do Partido Popular, dos que segue formando parte na actualidade.No 2002 foi reelixido presidente provincial do PP, cargo que revalida nos anos 2004, 2009 e 2013.
No ámbito institucional é elixido presidente da Deputación Provincial de Pontevedra o 12 de xullo de 2003, revalidando ese cargo tras as eleccións municipais de 2007 e 2011. É a primeira vez que unha persoa é elixida como presidente da Deputación de Pontevedra para tres mandatos consecutivos.
Rafael Louzán Abal desempeña tamén o cargo de presidente da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipos e Provincias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.