O galardón que hoxe se dirime en Marsala (Italia) simboliza o desenvolvemento da cultura vitivinícola a nivel europeo. Como finalista, Cambados demostra potencial para ser referente internacional do Enoturismo.
A delegación cambadesa que hoxe defende en Marsala (Italia) a súa candidatura a Cidade Europea do Viño 2014, encabezada polo alcalde, Luis Aragunde, viaxa avalada por unha sólida traxectoria histórica de máis de 60 anos exercendo a capitalidade do viño albariño. O mero feito de ser finalista, xunto con Jerez de la Frontera, deste concurso organizado pola Rede Europea de Cidades do Viño (Recevín), demostra potencial abondo para que Cambados sexa considerada referente internacional do mundo do viño e, por conseguinte, do enoturismo.
O feito de presentarse a este certame e ser finalista do mesmo implica entrar nun circuito promocional moi beneficioso para Cambados, para o noso viño e para a Festa do Albariño que aspira a obter axiña o recoñecemento de interese turístico internacional. A delegación cambadesa vai presentar na cea de gala de Recevín, esta noite, un vídeo promocional de 4 minutos expoñendo os recursos económicos e os atractivos turísticos do municipio. O alcalde fará unha presentación doutros 4 minutos centrándose sobre todo no potencial cambadés como capital do viño albariño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.