A Xunta de Galicia destina case 240.000 euros para a súa reconstrución
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o inicio das obras de execución da ponte sobre o río Armenteira, ubicada en Ribadumia, e que está a executar Augas de Galicia.
As obras, que acaban de comezar, poderían estar rematadas a comezos do próximo ano “ou febreiro como moi tarde”.
O proxecto, cuxas obras acábanse de iniciar coa demolición do firma, permitirá rehabilitar a ponte, aumentando a súa luz de 10 a 20 metros, o que permite situar os estribos fóra do leito do río. Deste xeito, a nova obra facilitará os desaugamentos e evitará que a ponte constitúa un obstáculo ao paso da auga nas crecidas dos ríos. “Ao mesmo tempo, esta intervención urxente contribuirá a evitar que a auga incida sobre a súa estrutura”, explicou Cores Tourís.
A este respecto, o delegado territorial destacou que “aínda que esta obra é moi importante, porque se trata dun vial de comunicación necesario para Cambados e Ribadumia, sí é certo que tivo que garantirse o consumo de auga. Para evitar problemas, por exemplo, en época de vendima, buscáronse accesos alternativos aos viticultores, xa que moitos son veciños dunha zona pero teñen as fincas noutra”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.