TELÉFONOS DE INTERESE

4 de noviembre de 2013

A TOURÍS IMPORTANLLE MAIS OS TURISTAS QUE OS VECIÑOS





A Xunta de Galicia destina case 240.000 euros para a súa reconstrución


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o inicio das obras de execución da ponte sobre o río Armenteira, ubicada en Ribadumia,  e que está a executar Augas de Galicia.
Na visita estivo acompañado pola alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como polo xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia-Sur de Augas de Galicia, Paco Alonso.

As obras, que acaban de comezar, poderían estar rematadas a comezos do próximo ano “ou febreiro como moi tarde”.
O proxecto, cuxas obras acábanse de iniciar coa demolición do firma, permitirá rehabilitar a ponte, aumentando a súa luz de 10 a 20 metros, o que permite situar os estribos fóra do leito do río. Deste xeito, a nova obra facilitará os desaugamentos e evitará que a ponte constitúa un obstáculo ao paso da auga nas crecidas dos ríos. “Ao mesmo tempo, esta intervención urxente contribuirá a evitar que a auga incida sobre a súa estrutura”, explicou Cores Tourís.
As desculpas da tardanza en facer a obra sucedéronse a pesares de ser unha obra como eles din moi importante foron deixandoa ata agora, pois era unha promesa de hai varios anos.                                                             Salomé Peña, dixo que se trata “dunha importante obra que permitirá mellorar a comunicación entre as parroquias de Barrantes e Sisán”. Segundo apuntou a rexedora, aínda que os traballos estaban previstos para dar comezo no verán, (non menciona que era primordial fai varios veráns e que xa o prometeran varias veces) “tivéronse que retrasar dado que por esta ponte pasa a tubaxe de auga que abastece a boa parte da comarca do Salnés e, polo tanto, en época de maior seca, como é o estío, tivemos que parar a programación dos traballos para garantir o abastecemento de auga e agardar a que o consumo de auga baixara”.

A este respecto, o delegado territorial destacou que “aínda que esta obra é moi importante, porque se trata dun vial de comunicación necesario para Cambados e Ribadumia, sí é certo que tivo que garantirse o consumo de auga. Para evitar problemas, por exemplo, en época de vendima, buscáronse accesos alternativos aos viticultores, xa que moitos son veciños dunha zona pero teñen as fincas noutra”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.