Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de octubre de 2013

VIAXES "MANC. SALNES" BUSCANDO O MELLOR DESTINO





O presidente da Mancomunidade do Salnés  Gonzalo Durán anunciou que a vindeira semana unha comitiva chegada dende México visitará a comarca. A intención é establecer vínculos comerciais co país centroamericano.

O alcalde da cidade mexicana de Aguas Calientes, Antonio Martín del Campo, visitará a semana próxima o Salnés. Unha viaxe que é posible grazas a existencia nese país de empresarios emigrantes de orixe galega que viron a posibilidade e o interese de establecer por ambas partes vínculos comerciais. Aguas Calientes pasa por ser un dos centros industriais máis importantes de México, unha das cidades que máis medra do país azteca e pode representar unha oportunidade de negocio importante, tanto para exportar como para importar. A visita organizada pola Mancomunidade do Salnés, terá lugar durante a vindeira semana. Gonzalo Durán indicou que a axenda aínda non está pechada pero que con case total seguridade manterán reunións co presidnte da Deputación, Rafael Louzán ou con Juan Gil, da DO Rías Baixas, entre outros.

O que dixo Gonzalo Durán e algúns xornais obvian é que esta programa inclúe a devolución de visita a México de representantes económicos e incluso políticos da nosa comarca. Polo de agora non trascenderon máis datos pero previsiblemente se apunte máis xente da que as arcas dos nosos Concellos se poden permitir. Que vaian os empresarios está ben pero cun representante da Mancomunidade debería bastar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.