Canto gastaron as administracións galegas en La Vuelta ciclista a España? O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia, Juan Fajardo, está decidido a buscar unha resposta a esta pregunta polo que pedirá explicacións ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, aproveitando a súa comparecencia na Cámara galega a próxima semana.
Durán respondeu que nin Portos de Galicia nin a Consellería de Mar e Medio Rural destinaron "aportación económica algunha" para a La Vuelta Ciclista a España "nin se fixo ningunha obra non porto de Vilanova de Arousa para este efecto". O deputado de AGE mostrouse contrariado por esta resposta e preguntou que "como é posible que non teña custo para o Ente Público cando os empregados aportaron o seu traballo para iso. Ou é que o traballo non ten custo? "."Por un mero elemento de transparencia queremos que a xente coñeza este dato, sobre todo cando co pretexto da crise se deixa de invertir en cousas prioritarias", argumentou Fajardo "se só se dan datos dun suposto retorno, que é indemostrable, pero non se dan datos do custo real desa decisión, estamos furtando a cidadanía dun elemento fundamental para saber se pagou a pena", dixo "que poñan ás facturas enriba da mesa".
Juan Fajardo apuntou que os responsables públicos deberían de explicar "como se puideron gastar 26.000 euros en tres comidas, que Publicidade e Protocolo se levasen 300.000 euros, como para acceder a Monte Lobeira se gastaron 304.000 euros" e engadiu outros gastos como 120.000 euros na mascota, en resumo un custo que o deputado situou en catro millóns de euros para un retorno estimado en 1,4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.