Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de octubre de 2013

A ÚLTIMA DE ROSA QUINTANA PARA TER MENOS UNIVERSITARIOS NO PARO





A partires de agora os titulados universitarios terán ventaxes a hora de entrar nos procesos de selección das confrarías como mariscadores a pe grazas a que o departamento que dirixe a iluminada Rosa Quintana otorgará 3 puntos por carreira universitaria. Esto non sería malo si pensamos que poden ter unha oportunidade máis para conseguir un traballo, pero o malo é a comparativa que se fai con outros aspirantes.


Imaxinade un universitario con duas carreiras, 6 puntos polo menos e outro aspirante sen carreira pero con cursos específicos sobre o traballo a desempeñar podería ter menos puntos. Non é que nos opoñamos a que poidan entrar universitarios, aínda que pensemos que non é o mellor para eles senón que criticamos os baremos que se piden para conseguir unha praza de mariscador/a.

A medida está a crear un rexeitamento xeneralizado polo que agárdase que no se leve a cabo.

1 comentario:

marta dijo...

xa era o q me faltaba levo anos intentando entrar con tres fillos e divorciada, e si ahora os das carreiras consigen tantos puntos eu non entrarei hasta q teña oitenta anos

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.