Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS SEGUEN A QUEIXARSE DA SEGURIDADE VIAL EN VILARIÑO





A Portavoz do PSdeG-PSOE de Cambados, Fátima Abal, califica de insuficiente a colocación dun paso de peóns enfronte do Bar Vilariño. Asegura que ‘’iso non fai máis que poñer en risco aos veciños que o utilizan, pois a única sinalización existente é unha sinal á mesma altura do paso de peóns, o que provoca que os conductores non se dean de conta da súa existencia ata que xa están enriba do paso’’.

Fátima Abal esixe que se tomen medidas contundentes para garantir a seguridade neste tramo vial en Vilariño, xa que condensa unha alta circulación ao estar entre o Polígono Industrial e a rotonda de Vilariño.
Ademais asegura que ‘’os anuncios do Goberno Municipal de que comezaban as reformas na zona para garantir a mellora da seguridade vial quedaron en iso, en anuncios, pois os veciños seguen poñéndose en perigo cada vez que transitan pola zona, mentres o Alcalde mira para o outro lado’’.
Fátima Abal concluíu afirmando que ‘’igual cando Luis Aragunde se dea de conta da importancia que ten esta mellora da seguridade vial, é demasiado tarde’’.
Ademáis, os pasos de peóns que xa había están case borrados e apenas se ven, polo que os veciños non poden cruzar con seguridade en ningún tramo, nin no novo paso nin nos antigos.

Son moitos os veciños que reclaman algún tipo de medida máis contundente  e segura pois éstos son testemuñas de cómo día tras día non se respetan tampouco os límites de velocidade.
Xa no Pleno de Outubro do ano pasado os socialistas presentaron unha moción co consenso dos veciños, na que pedían maior seguridade para esta zona.

Hoxe, a situación segue a ser a mesma, ou se cabe, aínda peor.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.