|
O Governo galego non está polo labor de aplicar táboa rasa aos pensionistas que non declararon á Axencia Tributaria polas prestaciones que recibiron no estranxeiro. Todo o contrario que fai coas grandes fortunas as que sí dou unha amnistía. Os grandes saen sempre favorecidos coas políticas do PP.
Que os grandes clubes deban miles de millóns a seguridade Social e a Facenda non lles preocupa, pero que os emigrantes non declaren, eso si é importante. Ademáis nin estudan a posibilidade de ofrecerlles a oportunidade de fraccionar o pago. O PP non cre na boa fe de todos os que evadiron impostos, e fronte á especie de amnistía que piden desde a oposición, o PP sostén que hai casos, e casos. Por iso mellor estudialos un a un, e actuar en consecuencia, como argumentou o Deputado Pedro Puy.
Foi a resposta do PP á proposta da parlamentaria socialista Carmen Galego, despois de que esta pedira que a Axencia Tributaria anule as sancións e que se limite a regularizar a situación destas persoas, sen cobrar intereses.
Non son defraudadores, son persoas mal informadas e non se lles pode atribuír só a eles toda a responsabilidade, segundo defendeu a socialista Carmen Galego. |
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.