Sesenta foron chamados pero so vinte os elixidos.
Contará con 20 alumnos durante un periodo de seis meses
A consellería de Traballo e Benestar aprobou o proxecto de obradoiro de emprego Cambados Turismo Sostible II, a proposta do Concello, no cal van participar 20 alumnos-operarios –a partir de outubro- durante un periodo de seis meses.
Os alumnos do obradoiro Turismo Sostible II formaránse nas accións de canteiría e xardinería forestal. O investimento da administración autonómica nesta iniciativa de promoción e fomento do emprego ascenderá a case 178.000 euros.
O proceso de selección xa comezou coa emisión dun listado provisional de candidatos propostos pola oficina de Emprego, según orde de antigüidade nas ringleiras do paro. Os integrantes desta listaxe inicial responderon a un cuestionario que será remitido á delegación de Traballo en Vigo, onde se efectúa a primeira preselección. Posteriormente, os preseleccionados serán entrevistados por dous técnicos da consellería e outros dous do Concello antes de efectuar a selección definitiva.
Durante o tempo de duración desta iniciativa, os beneficiarios traballarán na recuperación do patrimonio popular e na restauración e acondicionamento do lavadoiro de San Roque, ademais de recuperar a fonte do Pardiño e acondicionar a súa contorna, entre outros labores.
O alumnado ocuparase tamén de acondicionar e mellorar a senda fluvial na desembocadura do río Umia, e revalorizarase o espazo público do centro urbano, mediante a dotación de mobiliario novo, acondicionamento do parque infantil dos Olmos e dotación de elementos singulares de cantería. Ademais, avanzarán na adecuación sostible do castro de Sete Pías e no saneamento en Xesteira (Castrelo) e Tragove de Arriba (Corbillón).
Un total de 66 persoas desempregadas da comarca do Salnés beneficiaranse este ano de tres obradoiros de emprego, que veñen de ser concedidos pola Consellería de Traballo e Benestar. En concreto, disporán deste programa mixto de formación e emprego a Mancomunidade do Salnés, xunto cos concellos de Vilagarcía de Arousa e Cambados.
Os obradoiros facilitan ó alumnado formación para reintegrarse no mercado laboral.
Nos obradoiros de emprego procúrase combinar a formación coa experiencia laboral e impartir cursos transversais tendentes a reforzar a seguridade no traballo, a sensibilización medioambiental, así como a preparación en novas tecnoloxías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.