Jerez presentou hai uns dias a Recevin (Rede de Cidades Europeas do Viño) a súa candidatura a Cidade Europea do Viño 2014, unha designación pola que en principio compite coa localidade de Cambados (Pontevedra) e que se coñecerá entre os días 14 e 15 do mes de novembro, durante a asemblea xeral de Recevin en Marsala (Italia). Ese dia tamén se constituíu o comité organizador da candidatura de Jerez, formado por institucións públicas e privadas, nun acto ao que asistiron representantes da administración provincial, o vicepresidente segundo da Diputación de Cádiz, Bernardo Villar, e da Xunta de Andalucía, o xefe do Servizo de Turismo da Delegación Territorial de Fomento, Vivenda, Turismo e Comercio, Rodrigo Valdecantos.
A alcaldesa María José García-Pelayo, sinalou trala constitución do comité que coa presentación da candidatura o Concello busca "a promoción dos nosos viños e da marca Jerez en Europa a través do principal selo de identidade da cidade que é o viño".
A candidatura está avalada, segundo dixo, por un gran número de adhesións que seguen chegando tanto desde federacións, como medios de comunicación e organizacións provinciales, rexionais e ata nacionais.
A memoria remitida a Recevin recolle as fortalezas de Jerez en materia enoturística, a importancia da cidade na historia, datos significativos sobre o viño e as bodegas de Jerez e a estratéxica ubicación da cidade ou o seu patrimonio. Ademais a alcaldesa fixo fincapé en que as bodegas de Jerez, con máis de 400.000 visitas son as máis visitadas de Europa, así como o labor das Rutas do Viño e Brandy do Marco de Jerez para a promoción dos recursos enoturísticos do territorio.
O documento contempla tamén o calendario de eventos para 2014, con especial protagonismo dos ciclos dedicados ao viño como Vinoble, World Sherry Day, as Festas da Vendimia ou o Día Europeo do Enoturismo e avanza, doutra banda, os novos eventos que albergará Jerez con motivo da candidatura como un 'Stage' de Mozos Viticultores que impartirá Recevin en Jerez, coincidindo con Vinoble, a celebración da asemblea xeral de Recevin, o Congreso Nacional de Enólogos, que terá lugar en mayo, e unha gala de Cidade Europea do Viño prevista durante o Festival de Jerez.
A alcaldesa incideu en que os gastos da presentación da candidatura, así como das actividades que se organizarían asumiranse dentro dos orzamentos do Plan de Turismo e estimou que estarán en torno aos 25.000 euros. "Non estamos falando de gastos extraordinarios e ata quizá a Junta podería colaborar con algunha partida". A este custo súmase o da viaxe que un número aínda indeterminado de persoas fará a Marsala representando a candidatura de Jerez e para asistir á asemblea xeral de Recevin. "Estimamos que será aproximadamente uns 1.000 euros por persoa, pero hai que ter en conta que de calquera forma, aínda que non se presentou a candidatura, Jerez asistiría á asemblea xeral", aclarou Pelayo.
A alcaldesa sinalou que xa mantivo contactos co alcalde de Cambados, co fin de transmitirlle que, independientemente de quen consiga a designación, "o importante é demostrar unha imaxe de unidade nun sector tan importante para España, sen que se produza en ningún momento un enfrontamento entre as dúas cidades. Traballaremos na nosa candidatura pero sen desprestigiar a outra". Agradeceu por outra banda a boa vontade das distintas administracións por aportar a este proxecto que "pode ser un aldabonazo importante para a industria vitivinícola".
Como vemos Jerez ten moi avanzado o programa . Suponse que Cambados algo terá feito pero o secretismo desta corporación é desesperante.
As designacións de Cidade Europa do Viño son recentes. De feito Cambados aspira a converterse na terceira, tras Palmela (Portugal) que o foi en 2012 e Marsala (Italia), que o é este ano. O nomeamento ten carácter rotatorio entre os distintos países que conforman a Rede, onde están ademais de España, Alemania, Austria, Eslovenia, Francia, Grecia, Hungría, Italia e Portugal, cun total de 800 cidades, todas elas co denominador común de ter unha forte dependencia da vitivinicultura e estar situadas en zonas protexidas por denominación de calidade dos seus viños. Segundo a orde establecida, a designación en 2014 corresponde a unha cidade española e en 2015 a Francia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.