Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de septiembre de 2013

265.275 TURISTAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DURANTE O VERÁN



A Deputación de Pontevedra ofrece os datos das oficinas de Turismo atendidas polo seu persoal.
O 75% dos visitantes foron españois chegados de Madrid, Castela e Andalucía; mentres que un 25% foron estranxeiros, sobre todo portugueses, franceses e orientais

 As oficinas de turismo da provincia de Pontevedra rexistraron un total de 265.275 turistas neste verán, unha cifra lixeiramente superior á rexistrada o pasado ano, que roldou os 248.000. Os datos foron extraídos das 43 oficinas de Pontevedra que a Deputación tivo abertas durante os 3 meses da etapa estival.
Perfil do turista
Cunha media de 2.947 persoas cada día os datos amosan que o 75% dos visitantes que se achegaron para demandar todo tipo de información eran de procedencia estatal (maioritariamente procedentes de Madrid, Asturias, Castela e León e Andalucía) e, o 25%, estranxeiros, sobre todo de nacionalidades portuguesa, francesa e italiana, aínda que tamén se rexistrou unha significativa presenza de visitantes do continente oriental.

Entre os motivos para achegarse á provincia están presentes tanto guías ou a internet (35%), clima e paisaxe (30%), o Camiño de Santiago (15%), a gastronomía (15%) e a familia ou os amigos (5%). Os que se decidiron polo destino Rías Baixas fixérono movidos por cultura e lecer, un 45%, e pola paisaxe e a natureza, un 35%.
Os datos tamén reflicten que a idade media do visitante das oficinas foi de 35-60 anos e que o xeito de viaxar foi dun 39% en parella, 29% en familia e un 20% con amigos; e a estancia media declarada dunha semana.
En canto ó tipo de aloxamento un 45% descansou en hotel; un 19% en albergue e o 25% eran turistas de paso. Para desprazárense un 61% decantouse polo emprego do autobús e un 25% co seu propio vehículo.
Volume de visitantes

•No Salnés: Armenteira, 12.202; O Grove, 20.423; Sanxenxo, 10.385; Cambados, 5.684; Vilagarcía de Arousa, 5.311; A Illa de Arousa, 4.302
•En  Pontevedra: oficina de TRB, 9.136; Pontevedra (Casa da Luz, praza de España e Vialia), 17.461; Poio, 7.089
•No Morrazo: Cangas, 15.756; Marín, 2.759; Bueu, 2.855
•Zona de Vigo: Baiona, 25.388; Nigrán, 5.189; e Arcade, 2.879
•Baixo Miño: Tui, 20.335; A Guarda, 2.480; Oia, 1.867
•Caldas, Ulla-Umia: Caldas de Reis, 1.991; Cuntis, 366
•Deza, Tabeirós, Terra de Montes: Silleda, 2.879; Lalín, 750;  A Estrada, 472
Atención personalizada
As 43 oficinas estiveron atendidas por 56 bolseiros, dos cales 20 posuían un contrato dun ano como principal novidade; 16 cun contrato de 6 meses; e outras 20 persoas contratadas por tres meses. Todos eles ofreceron información práctica, consellos e formas de gozar de todos os recursos da provincia do xeito máis satisfactorio posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.