Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de agosto de 2013

OS CARTOS E A POLÍTICA






O diñeiro público é o máis rechamante para moitos políticos  i en Galicia non lle podería deixar indiferente a caixa dos galegos. Últimamente a dereita española lévase a palma(algo que non é exclusivo desta ideoloxía, pero sí máis descarado)  A oposición en concellos, deputacións e Xunta intentado solicitar información sobre o despilfarro multimillonario, pero néganse datos e cifras aos cidadáns para que non se coñeza como se levan ou gastan o diñeiro que non lles pertence.
Nada se pode facer ou quitar dos fondos públicos sen non hai diñeiro na caixa, Entón hai que facer caixa? Chámaselle "austeridade", é a única forma de meter diñeiro na caixa para levalo despois, e para meter diñeiro na caixa invócase a austeridad, deixar sen axudas ás xentes do mar e a pesca, do campoe da agricultura, recortar investimentos previstos, cancelar acordos, etc, etc, etc.



Para poder, levarse o diñeiro da suposta "austeridad" e para non ir en contra do promulgado, nada mellor que os "Chiringuitos", chamados tambien, Foros, Xornadas, Inauguración, Promocións, Eventos, Cursos e un longo etc, dos que nunca veran nin un céntimo de euro os destinatarios de tan importantes eventos (chiringuitos), pero quen si, lévase todo o diñeiro público son os organizadores, ponentes, asistentes, invitados, etc, Sempre se queda o diñeiro público en mans dos membros dos governantes ou afines e invitados.  Pero xa esta fóra da caixa pública, "Que yá non lle pertence aos galegos" ....que verán como resultado deste tinglado, máis austeridad.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.