Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2013

O B.N.G. TACHA DE LAMENTABLE A XESTIÓN NAS CONTAS DO 2012







CONTA XERAL 2012: A LAMENTABLE XESTIÓN DO PP
Semella que coma  de costume, na Conta Xeral 2012 non hai moitas novidades  con respecto a outros anos e o BNG, xa no seu momento, non apoiou o orzamento correspondente ao 2012 e non ve motivos, despois de consultar o documento, para  apoiar agora  a aprobación da Conta 2012.
As Contas Xerais son moito máis ca números, son cantidades con contido que mostran a forma de xestionar e  gobernar o concello, e o que transcende deste documento non deixa ben parado ao PP. Os números son interpretables pero outras cousas non.

O BNG leva nos criticando a falta de previsión dos consecutivos orzamentos que queda logo de manifesto nas sucesivas Contas como a presente, na que se prevén ingresos de 9.150.143 €, que logo se aproban 7.988.129 € e que finalmente se recadan 7.430.252 €, o que non daría para pagar todo o gasto aprobado, 8.379.218 € (déficit de recadación  de 811.054 €). Aprobáronse máis gastos dos que se poderían pagar.
Ademais a recadación agardada foi menor do esperado en case que todas as partidas (-1.162.013 €), o que indicaría que a previsión en todos estes apartados foi moi deficiente. Razón pola que quedaron pagos por realizar, por valor de aproximadamente un 10%  do orzamento (811.054 €) inicial.
Ademais e como sempre nas Contas do concello de Cambados, estamos a falar dunha obra exclusiva do PP, onde non se introduce ningunha proposta do BNG e que non se dan as explicacións necesarias para que se asuman ou, polo menos, se comprendan claramente as repetitivas e inaceptables  irregularidades e ilegalidades; a maioría das cales se repiten consecutivamente todos os anos e o PP non  fai nada para solucionalo:
-Ilegalidades nos cobros de gratificacións (sempre para as mesmas persoas, sempre nas mesmas cantidades: “ en realidade non é unha gratificación, é un soldo”. Máximo legal: 80 horas/ano, mentres que no concello rondan  as 300 horas anuais).
-Danse complementos de produtividade sen que existan criterios obxectivos (o que significa complementos para os mesmos traballadores todos os meses), ademais a final de ano, a partida para complementos de produtividade presenta un déficit de -5.600 €.
-Seguen as irregularidades nas contratacións de persoal temporal (non suficientemente xustificados e prorrogados ilegalmente: “se este persoal quere, podería esixir un contrato indefinido; que pasaría cos contratos destes traballadores -colocados a dedo polo PP- se houbera un cambio político no goberno municipal?Canto lle custarían ao concello as indemnizacións?).

-Asesor Xurídico, Arqueólogo: páganselle soldos en formato de facturas con categoría de pago preferencial aínda que haxa obrigas contables anteriores (asesor xurídico, arqueólogo, arquitecto). Tería graza que apoiaramos as Contas do 2012 cando non se nos facilitou a información sobre o “traballo real e concreto” do asesor xurídico no concello (8 meses de preguntas para non ser contestadas nin acudindo ao Valedor e para transformar irregularmente ao Asesor en indefinido; como di a intervención: reparo por convertelo (Asesor) a persoal  indefinido; co agravante de que se trata dunha designación de natureza política (o concello non é propiedade do PP, é de todos os cambadeses e cambadesas). Non se pode contratar a dedo aos traballadores e despois facelos fixos; este non é o negocio privado do PP (mellor dito, non debería selo).
-Irregularidades nos pagos de facturas  por valor total superior a 700.000, sen entenderse que  se facture de xeito irregular cousas tan previsibles como a Cabalgata de reis (14.600 €), os torneos deportivos anuais como a milla urbana, torneo de xadrez … (9.100 €), actuacións do Albariño (54.280 €, 17. 990 €, 11.392 €). Onde está a planificación que se presupoñía no orzamento?
-Irregularidades nas contratacións de servizos que deberían ser consideradas  contratos menores (+ 18.000 €) é polo tanto sería necesario realizar un procedemento de contratación pública, que non se fai con determinadas empresas: Sercon (60.000 €), CEPSA, Establecementos Otero (Transparencia, máis ben pouca)
-Irregularidades en facturas onde se fixo unha contratación verbal e, polo tanto,  ilegal por ser un contrato menor, onde non consta o orzamento, nin aprobación previa de gasto, nin sinatura do técnico municipal. (Transparencia, máis ben pouca)
Foto: "A ti meu Cambados"
Pero ademais de non apoiar, no seu momento, os orzamentos correspondentes a esta Conta, tampouco apoiamos, ao longo do ano 2012, cuestións que considerabamos exemplos da mala xestión  e que hoxe forman parte deste documento que se pretende aprobar. Iso foi o que fixemos no seu momento ao opoñernos aos diferentes Recoñecementos Extraxudiciais (total: 314.835 €, pagos sen que exista partida orzamentaria para elo) por considerar que son un exemplo máis da improvisación coa que se executan os orzamentos. Róndase, todos os anos, unhas cantidades semellantes a pesar de que o orzamento cada ano é menor o que significaría que co paso dos anos, a planificación que se fai neste concello é máis precaria
Así mesmo, estas Contas reflicten  actuacións  imposibles de aceptar, e a interpretación que fai o BNG delas non deixa en bo lugar ao PP (ampárase a empresas ou persoas – non se trata a todos por igual-  en prexuizo da arcas do concello):
Alleamento parcela polígono. Respecto aos dereitos recoñecidos pendentes de cobro dos exercicios 2001, 2002, procedentes do alleamento de parcelas do Polígono Industrial de Sete Pías (114.369 €). Que actuacións realizou ou vai a realizar o concello nestes casos? (pregunta que segue sen ser contestada despois de moitos anos de ser repetida polo BNG) Intervención di: …o que non pode continuar é a inacción deste Concello, sobre todo porque os referidos dereitos continúan pendentes de ingreso á Facenda municipal, debendo realizarse as actuacións necesarias para o seu ingreso, pois en caso contrario menoscabaríase a Facenda municipal coa correspondente responsabilidade por tal actuación. Non pode continuar a inacción deste concello. Estase a falar dunha cantidade importante que viría moi ben para as mermadas arcas municipais
Non pensa solucionar este asunto? Que fixo ata o de agora para elo? Que vai facer neste asunto de cara ao futuro? Como pensa o concello  solucionar definitivamente esta situación? Quen son os propietarios destas parcelas?
Reservas Nave Loxística. Pendentes de cobrar a empresas adxudicatarias (reincidentes): Vicar SL (23.614 €), Forvi S.G.C. (21.371 €), Transportes Núñez Sayar (12.040 €). Contrato di: as tarifas aboaranse por mensualidades anticipadas.
Aspir Center (13.373 €), renunciou ao espazo pero non pagou; por que non se lle esixe o pago da débeda vía xudicial?

Piscina Municipal. Para cando a prometida regulación do contrato da piscina? Cando deixará de ser unha sangría económica para o concello?
Soterramento transformador. Pendente de Ingreso da Xunta 42.044 €. Perigo de posible prescrición -4 anos-. A que se agarda para esixir o pago?
Carpa do Albariño. (Concurso –deserto- por 30.000 € pero se concede irregularmente por 18.000 € vulnerando os principios de publicidade e competencia) Porque non se lle ofertou e ese prezo a diferentes empresas?
Estación náutica Rías Baixas. Un timo pagado con cartos públicos (pendente de pago do concello: 6.326 €. Segundo a documentación existente (expediente chapuceiro) o concello asume a obriga de pagar a unha entidade privada sen recibir contraprestación ningunha. Que pasa; é que ao concello sóbranlle os cartos?
Para rematar: tampouco aprobamos o custo da páxina web “publicitaria” do concello (42.000 €) -con eses cartos poderíanse facer tres coma esa-. Nin entendemos como se poden gastar 9.000 € na Cope; precisamente.

Como dicía ao comezo, as Contas dun concello son moito máis ca números; as Contas reflicten non so resultados numéricos senón, sobre todo, a forma de xestionar o concello e as Contas 2012, que se nos presentan hoxe, deixan en evidencia a lamentable xestión que está a facer o PP no concello de Cambados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.