Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2013

LOUZÁN DA AS GRAZAS A OS PONTEVEDRESES POLA COLABORACIÓN EN "LA VUELTA 2013"



SEN OS NOSOS CARTOS NON SERÍA POSIBLE


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, agradeceu onte a activa colaboración e multitudinaria participación dos cidadáns das Rías Baixas, e de toda a provincia, nas catro etapas que a Volta a España 2013 desenvolveu en Pontevedra. "Sen eles, non sería posible nin a brilantez nin o éxito acadado", dixo. Ou mellor decir: "sen os cartos de eles".
A gran cantidade de xente que se congregou nas rúas e estradas foi fundamental para mostrar nos 180 países que emitiron as imaxes da Volta "a beleza das nosas rías, a hospitalidade da nosa xente e os nosos grandes recursos e potencialidades".
"Non é o mesmo que as imaxes recollan lugares desertos que localidades dinámicas, vivas e prósperas", dixo. Por iso, a gran presenza de xente no paso da Volta por vilas, aldeas e cidades contribuíu decisivamente a proxectar as Rías Baixas como "o mellor escaparate de Galicia e o seu máis óptimo embaixador no mundo".
O presidente da Deputación de Pontevedra expresou tamén as desculpas polas posibles molestias ocasionadas polo paso da carreira.


Pero o que non fai Louzán é explicar polo miúdo os gastos que xerou o paso de "La Vuelta" pola nosa provincia.
O que tampouco fai e decir a quen, como e de que forma se contratou para facer posible a saída da etapa contrarreloxo de Vilanova desde a famosa batea. 

Que nos explique, porque a batea un dia pertenza a un señor e tres dias despois o dono sexa outro, como o un xornal da comarca  da a entender. 
Que explique canto i en que empresa se gastou para facer os abanos para publicitar a "Mexi-llón"  e
"Turismo Rias Baixas".
Que explique o custo se o hubo(pois publicidade tiveron bastante) nas embarcacións que levaron a os ciclistas na contrarreloxo de Vilanova.
Esa sería a mellor forma de agradecerlle a os veciños a colaboración xa que colaboramos cos nosos cartos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.