Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de agosto de 2013

DE CHOCHITOS, GALAS, PRESENTADORAS E OUTRAS COUSAS.





Levaba tempo querendo escribir unhas verbas de apoio a Chon, polo asunto do “Chochito de Ouro” e tras as polémicas destes últimos dias creo que chegou a hora de felicitalo, que non compartir, pola sua valente decisión de dimitir naquel momento.

Felicitalo porque o importante do artigo era que 40.000€ foron gastados para que unhas privilexiadas foran a centros privados cos cartos de todos os españois a revisións xinecolóxicas, sin esperas e seguramente en horario laboral. O importante era eso e non o apelativo co que se refireu a Soraya. O que máis me extrana de todo é que xa pasou tempo e nadie explicou nada dos cartos nin o Bloque a o que o apelativo “chochito de Ouro” non lle gustara nada de nada e de onde saíron as críticas, para min máis duras contra Chon, nin de Soraya para defenderse ou xustificar ese gasto.

Sabedores da repercusión que ten “A ti meu Cambados” todo isto confirmoume que a Chon o estaban agardando e tan pronto puideron foron a por él, dende os seus rivais políticos ata algún medio escrito afín a o réxime.

Fai dous dias neste blogg publicouse un artigo moi parecido no que se denunciaba un gasto de máis de 160.000€ nos xardíns da Moncloa e no despacho de Soraya e como o meu blogg non ten a repercusión nin lle teñen medo, non teñen que terllo, nin son concelleiro, e non usei apelativos "ofensivos" non pasaou nada por agora. Si non o mirástedes pica aquí .

Felicitalo por retirar un artigo e non me refiro so a o de Sorayita senón a un sobre a estudante de periodismo que presentou a Gala do Albariño, por certo bastante nervosa e con pouca soltura que supoñemos foron debidos a os nervios propios do debú.

Cando a rapaza veu en “A ti meu Cambados” o artigo pouco menos que se derrumbou sabedora da audiencia que ten Chon e a repercusión. Entón duas persoas moi cercanas a esta rapaza foron a falar con Chon para pedirlle que retirara parte do artigo e Chon ,esa persoa tan mala ese diaño con rabo e tridente, retirou o nome e as fotos da rapaza no artigo. O que non sabía Chon e que neses intres nos que era retirado parte  do artigo, a nosa estudante de Periodismo facía un comentario via twitter falando da mala xente que hai en Cambados, do asco que lle producen e colgando fotos de ela nun iate(a o parecer non estaba tan preocupada).
Decirlle dende aquí que unha palabriña máis no seu twitt e non se levantaría tanta polémica. Decir “alguna gente de mi pueblo me da asco” ou “que asco alguna gente de Cambados” soa i é diferente a o que ela dixo. O que non conseguiron foi que se retiraran os artigos con todos os datos en “Alza La Voz Cambados”, fose polo que fose. Están aí para ler e saber un pouco máis desta historia.

Dende CORES DE CAMBADOS grazas CHON.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.