Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de agosto de 2013

B.N.G. ROGA QUE SE POÑA EN MARCHA O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE CAMBADOS





 O BNG leva anos reiterando a importancia de axudar ás familias máis necesitadas nesta crise económica, polo que ROGA que con motivo do comezo do vindeiro curso escolar, o Concello de Cambados amplíe a cantidade da partida destinada a bolsas de ensino e que, ademais, se inclúan nas convocatorias de axudas ao ensino, os ciclos formativos de grao medio (axudas para transporte), o ensino primario (material escolar e comedor), o ensino secundario e o bacharelato (material escolar)  e que a esta medida se lle dea a máxima divulgación entre as familias de Cambados, anpas e direccións de centros de ensino.

 O BNG ROGA  que o concello de Cambados comece, co inicio do próximo curso escolar, a tramitación para a posta en marcha do Consello Escolar Municipal; proposta da moción presentada no seu momento polo BNG e aprobada por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de decembro do ano 2010 pero que lamentablemente, a día de hoxe, segue sen estar constituído.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.