O BNG leva anos reiterando a importancia de axudar ás familias máis necesitadas nesta crise económica, polo que ROGA que con motivo do comezo do vindeiro curso escolar, o Concello de Cambados amplíe a cantidade da partida destinada a bolsas de ensino
e que, ademais, se inclúan nas convocatorias de axudas ao ensino, os
ciclos formativos de grao medio (axudas para transporte), o ensino
primario (material escolar e comedor), o ensino secundario e o
bacharelato (material escolar) e que a esta medida se lle dea a máxima
divulgación entre as familias de Cambados, anpas e direccións de centros
de ensino.
O BNG ROGA que o concello de Cambados comece, co inicio do próximo curso escolar, a tramitación para a posta en marcha do Consello Escolar Municipal;
proposta da moción presentada no seu momento polo BNG e aprobada por
unanimidade no Pleno Ordinario do mes de decembro do ano 2010 pero que
lamentablemente, a día de hoxe, segue sen estar constituído.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.