Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de julio de 2013

SIGUEN AS INCAUTACIÓNS DE MARISCO E APARELLOS ILEGAIS









Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron 515 aparellos de pesca, dúas embarcacións e preto de 240 quilos de distintas especies en varios operativos de loita contra o furtivismo realizados polo litoral galego nos últimos días, entre outras zonas, nas rías de Arousa e Pontevedra.
Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, na Ría de Pontevedra os axentes fixéronse con máis de 39 quilos de distintas especies -a maioría pescada conxelada-, 14 aparellos de pesca e 250 metros de artes de enmalle.
Na Ría de Arousa realizáronse varios operativos, onde os axentes comisaron preto de 58 quilos de especies, incautaron 111 aparellos, 600 metros de artes de enmalle e as dúas embarcacións requisadas no global de Galicia.

O operativo máis destacado en augas arousanas realizouse entre O Chazo e Malveiras e deu como resultado a aprehensión de 55 butróns e o comiso de preto de 22 quilos de diversas especies, na súa maioría nécora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.