Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN OS NOVOS VERQUIDOS NO UMIA





Os Socialistas de Cambados denuncian que no día de onte agravouse o verquido que se ven producindo dende fai uns días na zona do Facho, na parroquia de Castrelo. As mariscadoras da zona xa puxeron a situación en coñecemento do Concello, que mira para o outro lado.

A zona trátase de especial importancia ao ser un lugar cun importante banco de ameixa do que as mariscadores de Castrelo dependen.

Os Socialistas de Cambados piden que se leve  que se leve a cabo unha investigación exhaustiva sobre as causas deste vertido, así como se leven a cabo análises da calidade de auga para garantir a súa aptitude. 

Ademais pedimos que o Concello de Cambados que tome medidas para que isto non se volva a producir, pois o día a día de moitas familias depende do sector marisqueiro da zona. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.