Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de junio de 2013

MOCIÓN DOS SOCIALISTAS CAMBADESES EN APOIO DOS MARIÑEIROS






Executiva do PSOE cambadés


MOCIÓN:
Os Armadores da Ría de Arousa atópanse nunha situación complicada por mor do cambio da actualización e adecuación das embarcacións en relación ás características q constan nas escrituras e follas de asento máis antigas.
O problema máis grave co que se atopan é o escaso prazo de tempo no que teñen que presentar a solicitude, xa que unha vez rematado éste, perderán a oportunidade de presentar a regularización, ademáis do gran desembolso dinerario ó que teñen que facer fronte para acadala.
Están en xogo moitos postos de traballo e o sostemento e economía de moitas familias, xa que estas pequeñas embarcacións son auténticas empresas que corren o perigo de desaparecer.
Desde o colectivo de mariñeiros e armadores da comarca da Arousa, solicítase un acordo unánime entre os grupos municipais para dar solución ó seu problema. Non queren buscar culpables, queren sinxelamente que se lles busque unha solución ó grave problema que teñen que resolver se queren seguir saíndo ó mar a traballar.
Por todo isto, no seu nome, este grupo municipal




SOLICITA


1.- A unidade no Pleno para acadar unha paralización do prazo de 4 meses imposto ós armadores para aportar GT´s e CV e por tanto a paralización do RD 1081/2012


2.- Unha regularización definitiva e real da frota pesqueira segundo as características que os armadores e propietarios declaren e que son un reflexo exacto das características actuais das embarcacións, e que esta regularización sexa recollida nunha Lei que se realice en conxunto co sector pesqueiro.


3.- Dar traslado deste acordo á Xunta de Galicia, ó Goberno de España, e ós grupos políticos do Congreso e do Senado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.