Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de junio de 2013

DOUS MESTRES RUSOS IMPARTIRÁN UN CURSO DE PIANO NA XUVENTUDE







Os mestres rusos Olga Baranova e Yury Popov, actualmente profesores en senllas escolas superiores de Portugal, impartirán un curso de piano no auditorio da Xuventude os días 20 e 21 de xullo, actividade organizada pola Academia 5ª Sinfonía coa colaboración do Concello. 
Este curso profesional vai dirixido tanto a alumnos como a profesores de grao medio e superior, afondando na mellora da técnica emais da interpretación pianística. As obras a traballar será as escollidas polo propio executante.

A inicitiva didáctica desenvolveráse en clases individuais de 60 minutos no horario escollido polo alumno por estrito orde de inscrición. Recomendaráse un mestre en función do nivel de cada alumno, sendo tamén posible recibir clases de ambos profesores.
Organizarase un recital de clausura coa partipación dos alumnos seleccionados durante o curso e ó remate do mesmo entregaráse cadanseu diploma acreditativo. 
As persoas interesadas poden inscribirse a través de e-mail cursopianocambados(arroba)gmail.com, ou do teléfono 670424861, indicando nome completo, telefóno de contacto, nivel de estudos musicais, número de clases que desexa recibir, preferencias de horarios, tipo de alumno (activo/ointe) e obras a traballar durante o curso. A data límite para inscrición é o 17 de xullo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.