Hoxe venres 1 de marzo cúmprense 100 anos do nacemento do Concello de Vilagarcía de Arousa como resultado da unión dos municipios de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril. Con motivo desta efeméride, a Casa Consistorial acolle un acto institucional co que se abrirán as celebracións do Centenario e que estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O Concello de Vilagarcía sinala que "desexa que o primeiro acto oficial conmemorativo do Centenario reflicta a relevancia e transcendencia do feito que se está a celebrar e que institucións e veciños participen nesta efeméride como o fixeron hai 100 anos, cunha ampla representación e conscientes do momento histórico que se estaba a producir".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.