E a o Magariños que lle dean, os rapaces non poden facer ximnasia porque non teñen donde e en San Tomé van facer.... ¿obras?. A catro tonterías chámanlle obras. E haberá xente que aplauda este paripé. O do Parque da Calzada é de coña. Cando se arranxou o cerramento xa estaba feito unha merda, oxidado, roto e agora veñen con un novo "cierre perimetral". Porqué non se fixo no seu día?. Dende que se puxeron os novos xogos ese parque leva comidos moitos cartos. Primeiro area, despois cemento e caucho agora un cerramento tan necesario como cando a primeira vez.Mentras no Magariños arranxan a goteiras pero non se dota dun espazo adecuado para facer ximnasia. Pero moita culpa de este cachondeo é da dirección do colexio que non se fan escoitar, porque non se queixan, porque a AMPA compra para o colexio pantallas e proxectores algo que tiña que sair da Consellería e non dos petos dos pais. Porque non se convoca unha reunión cos pais para falar do tema e tratar que medidas tomar. Por un asunto, a o meu parecer, menos importante como é o do acceso de alumnos por unha finca en San Tomé sae cada dous por tres na prensa e do Magariños so saen as visitas dos Tourís, Aragunde e outros coas promesas de sempre e cos feitos de nunca ou case nunca. Noutras povoacións por moito menos xa se tiña saído as rúas en protesta por todo este trato terceiromundista a os nosos fillos.
Ah!!!! e unha pista de skate en Corbillón.
En Cambados mexan por nos e dicimos que chove.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.