O Fondo de Garantía de Depósitos do Banco Central será o encargado de comprar as accións polas que este mes se están a permutar as participacións preferentes ou as débedas subordinadas.
Está é a resolución final que vai a adoptar o Goberno Central dentro deste mes para aqueles cliente dos bancos que foron nacionalizados. A mala nova para os afectados é que esta permuta realizarase previa quita de entre o 16 e o 40 %; unha cantidade que, aínda que menor da inicialmente anunciada, dista moito da aceptada polos clientes. O pasado venres o tema das preferentes era abordado por varios alcaldes do Partido Popular da provincia de Pontevedra co Presidente da Deputación.
| Na foto non aparece nadie do Concello de Cambados |
Nesta xuntanza, estes rexedores queixábanse que este conflicto estaba a ser utilizado por algúns para xerar lea e obstaculizar o normal funcionamento das tarefas municipais. Asegura o Presidente da Deputación que os populares só viñeron a solidarizarse e a intentar poñer solución a un conflicto que foi xerado por outros. Agora hai moita xente, entre eles os sindicalistas, que intentan quitar proveito da augas revoltas.
Neste senso, Louzán amosouse molesto coa visita a Sanxenxo do ex- ministro socialista Valeriano Gómez denunciando que non son quen os socialistas de vir a dar leccións sobre as preferentes cando teñen boa parte de responsabilidade na orixe do problema.
Aclarou tamén o titular do ente provincial que o suposto estancamento das arbitraxes se debe en calquera caso ás entidades bancarias posto que son elas as que aceptan que casos admiten levar á arbitraxe; non tendo a Xunta capacidade de decisión algunha.
Ata a data hai uns catorce mil casos de preferente solucionados en Galicia que deron en devolver uns 260 millóns de euros; con todo aínda quedan miles de casos por devolver dos que non se dá cuantificado o seu volume en euros por falla de información por parte das entidades financeiras comercializadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.