Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de marzo de 2013

ABANDONAN UNHA REUNION CON LOUZAN AO GRITO DE CORRUPTO E SINVERGOÑA







Tras hora e media de reunión a maior parte dos portavoces das plataformas afectadas polas preferentes da provincia de Pontevedra abandonaron o seu encontro co presidente da Deputación e do PP pontevedrés, Rafael Louzán,"ao constatar que non obteriamos unha solución satisfactoria ás nosas demandas", afirmaron.
Este grupo de afectados abandonou a sala increpando a Louzán con cualificativos como "corrupto" e "sinvergüenza".  
"Aquilo converteuse nunha confrontación directa e nun ton despectivo entre o portavoz da plataforma de Baixo Miño e o presidente da Deputación", explicaron algúns dos representantes.
Segundo estas mesmas fontes, a reunión comezou pasadas as oito da tarde "e as cousas fóronse quentando entre Louzán e Xulio Vicente", este último portavoz de Baixo Miño e traballador do sindicato nacionalista CIG.
O presidente acusaba ao sindicalista de "manipular ao colectivo de afectados" e este censuraba o político por "mentir aos estafados polas preferentes".
A Louzán e ao resto da "clase política"chamáronlles "cobardes" por estar "manexados pola banca" e "non ter narices" de enfrontarse ao poder económico. E antes de marchar lanzaron un aviso que "como fagan unha quita, a xente desesperada non sabe o que é capaz de facer".Segundo José Manuel Vázquez, portavoz da plataforma do Salnés, os afectados esixíronlle ao mandatario popular que traslade ao Goberno central a necesidade de buscar "onde sexa" o diñeiro para devolverlles os seus aforros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.