Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de febrero de 2013

VISITA DE EURODIPUTADOS NACIONALISTAS A PONTEVEDRA




 Compartiron mesa e mantel co alcalde Fernández Lores, para logo realizar un paseo pola cidade.



Os eurodeputados Ian Hughton, de Escocia, a galesa Jill Evans e o corso Francoise Alfonsi estiveron hoxe de visita en Pontevedra, onde foron acollidos polo alcalde Fernández Lores e tamén deputada en Bruxelas polo BNG, Ana Miranda.

Esta visita enmárcase dentro dunha xira que están a facer polas principais cidades galegas na que comparten experiencias con representantes do Bloque Nacionalista Galego. De Pontevedra destacaron a beleza do seu caso vello e o sinxelo que é moverse por ela, algo polo que a cidade xa foi premiada co galardón Intermodes que outorga a UE. 


Tódolos representantes da Alianza Libre Europea coincidiron no instructivas que son estas viaxes, idóneas para establecer contacto con partidos doutros países que comparten unha mesma ideoloxía. Din que ser nacionalista e europeísta é posible.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.