O proxecto Life + Viñas Atlánticas da Deputación Provincial de Pontevedra gañou esta tarde o Premio EGANET’12 na categoría de «Proxecto Colaborativo Empresarial TIC: proxectos colaborativos de dous ou máis empresas galegas». O galardón foi recollido polo xefe do servizo de Novas Tecnoloxías da institución provincial, Amancio Varela, perante a Gala de Premios celebrada no Palacio de Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Cabe destacar que a institución provincial era a única Administración Pública seleccionada para recibir este premio que concede EGANET, asociación de empresas galegas co obxecto de recoñecer a labor de profesionais, empresas e administracións que traballan para conseguir o desenvolvemento do sector TIC en Galicia.
Amancio Varela agradeceu o intenso traballo realizado dentro do Proxecto Viñas Atlánticas por parte de todas as adegas, viticultores, e técnicos, implicados. Así mesmo puxo de relevo, tras recoller a distinción, o altísimo nivel e a calidade dos outros proxectos clasificados: Probeta, de A Navalla Suíza - Cen Litros Metro Cadrado Ekinocio; Aplicación Móbil "Eleccións Galicia", De Bahía Software; Bits For Meetings, De Primate Multimedia Ibérica & Ipoki Technologies.
Viñas Atlánticas
O proxecto Viñas Atlánticas, desarrollado en colaboración coas bodegas Martín Códax, Condes de Albarei e Paco&Lola e cofinanciado pola Unión Europea dentro do seu programa Life+, é o primeiro proxecto de viticultura intelixente en España que cubre todos os ciclos e ten como obxectivo o desenvolvemento dun Sistema de Xestión Medioambiental sostible e produtivo para os viñedos da D.O. Rías Baixas que predice con anticipación a aparición do fungo mildiu. Life + Viñas Atlánticas, está composto de tres partes fundamentalmente:
• Unha rede meteorolóxica, formada por estacións meteorolóxicas e unha rede sensorial inalámbrica de última xeración (WSN), que está composta por puntos de medida e equipos concentradores comunicados mediante o protocolo Zigbee, que á súa vez envían a información ó CPD da Deputación empregando a tecnoloxía Wimax da red Repoblar desenvolta pola propia Deputación noutro proxecto europeo.
• Un modelo matemático propio de análise do ciclo biolóxico do fungo mildiu.
• Unha plataforma web de xestión que integra toda a información recollida coa rede meteorolóxica e co modelo matemático para medir o nivel de risco do fungo mildiu, ademais de permitir ós viticultores ter todos os datos da campaña nun libro de explotación en formato dixital.
o resultado do proxecto é un Sistema Integrado de Xestión de viticultura, onde ós medios tradicionais de facer viticultura na rexión do Salnés, se unen o emprego das TICs para mellorar a capacidade de xestión, comunicación e información, conseguindo unha mellora na sostibilidade ambiental e económica dun sector tan importante para Galicia como é o vitivinícola.
Os premios Eganet concédense en cinco categorías:
• Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC: proxectos colaborativos de dous ou máis empresas galegas.
• Premio Emprendedor TIC: empresas con menos de tres anos de antigüidade que desenvolvan proxectos empresariais relacionados con Internet ou novas tecnoloxías.
• Premio Aplicación Software: proxectos orientados a mellorar e sintetizar procesos das empresas u outras entidades, elaborando ferramentas dixitais que amplíen as posibilidades dos traballos tradicionais.
• Premio Comunicación Dixital: iniciativas relacionadas coa publicidade online, Social Media, etc.
• Premio Negocio Online: creatividade e innovación para a comercialización na rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.