Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de febrero de 2013

AÍNDA QUE PAREZA UN CHISTE ESTA HISTORIA E VERÍDICA

Hospital Montecelo



Unha persoa foi trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras resultar ferida leve nun accidente de tráfico. O curioso do caso é que o sinistro no que sufriu os danos produciuse xusto ás portas doutro centro hospitalario, Montecelo.
Segundo o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 13.04 horas e consistiu nunha colisión por alcance diante de Montecelo. A alerta deuna o 061, que tamén procedeu á atención da vítima.
Fontes de Urxencias Médicas de Galicia 061 indicaron que a raíz deste accidente rexistrouse un ferido, unha persoa que foi trasladada cun pronóstico leve ao Domínguez por unha ambulancia asistencial.
A todo esto supoñemos que o traslado a o H. Domínguez fíxose pola levedade das feridas, pois si estivese máis grave e o paciente morre na viaxe..........



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.